Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1912 Boston, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de decembro de 1993 (81 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Educación | Escola de Arte de Glasgow Hillhead High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | director de cinema, guionista, realizador |
Empregador | Instituto das Artes de California |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Eileen Ascroft (1934–1943), divorcio |
Premios | |
| |
|
Alexander Mackendrick, nado en Boston (Massachusetts) o 8 de setembro de 1812 e finado nos Ánxeles (California) o 22 de decembro de 1993 foi un director de cinema escocés.
Foi o único fillo de Francis e Martha Mackendrick, que emigraran aos Estados Unidos desde Glasgow o ano anterior ao seu nacemento. O seu pai era construtor de barcos e enxeñeiro civil. Cando Mackendrick cumpriu seis anos o seu pai morreu vítima da gripe. A súa nai, necesitada de cartos, decidiu facerse deseñadora de roupa. Para iso tivo que deixar o seu fillo co avó, que o levou de volta a Escocia con sete anos. Mackendrick nunca volveu saber nada da súa nai.
Mackendrick tivo unha infancia triste e solitaria. Asistiu a Hillhead High School de 1919 a 1926 e logo pasou tres anos na Glasgow School of Art. A principios da década de 1930 mudouse a Londres para traballar como director de arte para a firma de publicidade de J. Walter Thompson. Entre 1936 e 1938 escribiu cinco anuncios para o cinema. En 1937 Mackendrick escribiu o seu primeiro guión, Midnight Menace, co seu curmán e amigo Roger MacDougall.
No comezo da segunda guerra mundial traballou no Ministerio de Información realizando filmes de propaganda. En 1942 foi a Alxer e Italia coa Psychological Warfare Division. Alí rodou noticiarios e documentais. Trala guerra Mackendrick e MacDougall crearon Merlin Productions, coa que producían documentais, pero resultou un malo investimento e en 1946 entrou na Ealing Studios onde traballou nove anos e dirixiu tres célebres filmes, Whisky Galore! (1949), The Man in the White Suit (1951) e The Ladykillers (1955).
En 1955 abandonou o Reino Unido para ir a Hollywood. O resto da súa vida profesional pasouna entre Londres e Os Ánxeles. En 1957 dirixiu o filme Chantaxe en Broadway, que foi un éxito de crítica e protagonizaron Tony Curtis e Burt Lancaster. Tras ser despedido da rodaxe de The Devil’s Disciple en 1959 quedou desolado e pasou a dirixir varios anuncios para a televisión. Tamén realizou unha serie de filmes durante a década de 1960.
En 1969 volveu aos Estados Unidos cando foi nomeado decano da escola de cinema do California Institute of the Arts. Deixou o cargo en 1978 para converterse en profesor da escola. Continuou na escala ata que morreu vítima dunha pneumonía en 1993.