Alil isotiocianato | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
3-Isotiocianato-1-propeno | |
Outros nomes aceite de mostaza sintético, alilisotiocianato | |
Identificadores | |
Número CAS | 57-06-7 |
PubChem | 5971 |
ChemSpider | 21105854 |
UNII | BN34FX42G3 |
KEGG | D02818 |
ChEBI | CHEBI:73224 |
ChEMBL | CHEMBL233248 |
Ligando IUPHAR | 2420 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C4H5NS |
Masa molar | 99,15 g mol−1 |
Densidade | 1,013–1,020 g/cm3 |
Punto de fusión | −102 °C; −152 °F; 171 K |
Punto de ebulición | 148–154 °C; 298–309 °F; 421–427 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O alil isotiocianato (AITC) é un composto organosulfurado coa fórmula CH2CHCH2NCS. É un aceite incoloro responsable do sabor picante da mostaza, o ravo, o ravo picante, e o wasabi. O proído e efecto lacrimatorio do alil isotiocianato está mediado polas canles iónicas TRPA1 e TRPV1.[1][2][3] É lixeiramente soluble en auga, pero máis soluble na maioría dos solventes orgánicos.[4]
O alil isotiocianato pode obterse das sementes da mostaza negra (Brassica nigra) ou da mostaza india (Brassica juncea). Cando se rompen estas sementes de mostaza, libérase o encima que conteñen mirosinase e este actúa sobre un glicosinolato chamado sinigrina dando lugar ao alil isotiocianato.
O alil isotiocianato utilízao a planta como un medio de defensa contra herbívoros. Como pode ser daniño para a propia planta, almacénase na súa forma inofensiva precursora de glicosinolato, separado do encima mirosinase. Cando un animal mastiga a planta, fórmse o alil isotiocianato, o que repelerá o animal.
O alil isotiocianato prodúcese comercialmente por reacción do cloruro de alilo e o tiocianato de potasio:[4]
O produto obtido desta maneira coñécese tamén como aceite de mostaza sintético. O alil isotiocianato pode tamén ser liberado por destilación seca de sementes. O produto obtido desta maneira denomínase aceite volátil de mostaza e xeralmente ten unha pureza do 92%. Utilízase principalmente como axente saborizante en alimentos. O alil isotiocianatosintético utilízase como insecticida, bactericida,[5] e nematocida, e úsase en certos casos para a protección de colleitas.[4]
A súa hidrólise dá lugar a alilamina.[6]
O alil isotiocianato ten unha LD50 de 151 mg/kg e é lacrimatorio.[4]
Baseándose en experimentos in vitro e modelos animais, o alil isotiocianato presenta moitas propiedades desexables para ser usado como axente quimiopreventivo do cancro.[7]