Alloteuthis | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alloteuthis media | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Sepia media Linnaeus, 1758 = Alloteuthis media (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Alloteuthis é un xénero de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos (luras).[1]
Até hai poucos anos foi considerado como un subxénero de Loligo.[2]
O xénero foi descrito en 1920 polo zoólogo alemán Gerhard Wülker,[1] no seu traballo "Über Cephalopoden des Roten Meeres". Senckenbergiana 2: 48–58.
O nome científico Alloteuthis está formado polos elementos do latín científico allo-, e -teuthis. O primeiro deriva do grego antigo ἄλλος állos, "outro", "diferente",[3][4] e o segundo do grego antigo τευθίς teuthís, "pequena lura",[5][6] empregado paa formar os nomes dalgúns cefalópodos. Literalmente: "as outras pequenas luras".
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero oneceuse tamén polos sinónimos:[1]
Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes tres especies:[1]
Nas augas galegas están presentas as dúas especies de distribución europea, Alloteuthis media e A. subulata.[7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alloteuthis |