Alloteuthis subulata | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alloteuthis subulata | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
CC (sen datos)[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Alloteuthis subulata (Lamarck, 1798) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Alloteuthis subulata é unha especie de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos, unha das tres que integran o xénero Alloteuthis.[2]
É unha especie moi semellante a outra do mesmo xénero, Alloteuthis media.
A especie foi descrita en 1798 polo zoólogo francés Jean-Baptiste Lamarck,[2] no seu traballo "Extrait d'un Mémoire sur le genre de la Sèche, du Calmar et du Poulpe, vulgairement nommés, Polypes de Mer". Bulletin des Sciences, par la Societe Philomatique de Paris. 1 (17): 129-131.
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Rolán e Otero Schmitt danlle os nomes castelanizados de puntilla e calamar,[3] mentres que Lahurta e Vázquez denomínana puntilla común.[4]
Análises moleculares recentes suxiren que Alloteuthis subulata e A. media poden seren conespecíficas, e que son os extremos dun gradiente morfolóxico.[5] De confirmarse isto, o nome Alloteuthis media aplicado por Carl Linnaeus no seu Systema Naturæ en 1758 tería prioridade sobre Alloteuthis subulata de Jean-Baptiste Lamarck, que data de 1798.[2] Porén, outras análises suxiren que ambas son dúas especies irmás que poden separarse de maneira confiábel polo tamaño dos tentáculos centrais e que, de feito, existe unha diverxencia xenética entre as poboacións de A. media do Atlántico e do Mediterráneo.[6]
É moi semellante, e co manto do mesmo tamaño (20 cm) a Alloteuthis media, da que difire por ser o seu corpo algo máis estreito, e por ter os tentáculos máis curtos.[3]
Tanto Alloteuthis media como a súa conxénere A. subulata, son demersais,[1] e viven sobre fondos areosos e lamacentos,[3] pero tamén poden estar presentes sobre substratos duros.[1]
Vive entre a superficie e os 500 m de profundidade.[3]
Alloteuthis subulata encóntrase no océano Atlántico oriental, desde Noruega, o mar Báltico occidental, o mar do Norte até o sur do noroeste de África, e no mar Mediterráneo.[7]
A pesca non regulada é unha ameaza potencial para esta especie.[1]
Os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como CC (sen datos) porque se require unha investigación taxonómica para delimitarla da súa conxénere Alloteuthis subulata. Dado que esta especie se explota en gran parte da súa área de distribución, requírese con urxencia este traballo.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alloteuthis subulata |