Alogasterópodos Allogastropoda Heterobranquios inferiores | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Architectonica perspectiva | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Superfamilias | |||||||||||
|
Os alogasterópodos (Allogastropoda), tamén chamados heterobranquios inferiores (en inglés Lower Heterobranchia) son un grupo de lesmas de mar e caracois acuáticos bastante especializados e moi evolucionados, considerados taxonomicamente como infraclase, unha das dúas en que se divide a sublclase dos heterobranquios.[1]
Aínda que a gran maioría das súas especies son mariñas, algunhas lograron faceren a transición á auga doce.
Aínda que na taxonomía dos gastrópodos de Bouchet e Rocroi (2005) os heterobranquios inferiores considerábase un grupo informal,[2] termo que indicaba a incerteza da súa monofilia,[3] Estudos posteriores levaron a considerar as superfamilias do grupo como monofiléticas, incluíndoas entre os eutineuros. Tras esta conclusión, o grupo aparece na clasificación de Bouchet e Rocroi de 2017 co rango de infraclase.[4] En consecuencia, o World Register of Marine Species (Rexistro Mundial de Especies Mariñas) dálle esta categoría.[1]
Segundo o WoRMS o grupo comprende as superfamilias seguintes:[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alogasterópodos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alogasterópodos |