Alternative Tentacles | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1979 |
Fundador(es) | Jello Biafra |
Sede | San Francisco |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.alternativetentacles.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alternative Tentacles é un selo discográfico independente dos Estados Unidos localizado en San Francisco, California, e fundado en xuño de 1979. Orixinalmente creouse para editar o sinxelo dos Dead Kennedys "California Über Alles", pero despois de ver o potencial dun selo independente comezaron a lanzar traballos doutras bandas. O selo findárono o guitarrista de Dead Kennedys East Bay Ray e o seu vocalista Jello Biafra, pero na actualidade é administrado por Biafra, ao converterse no seu único dono a mediados dos 80.
A discográfica lanzou a algunhas das primeiras bandas da escena punk/hardcore/alternativa, incluíndo a grupos como 7 Seconds, Dicks, Butthole Surfers, Black Flag, The Melvins ou Brujeria, editando tamén ocasionalmente álbums de spoken word do propio Jello Biafra. Algúns dos artistas máis coñecidos que pasaron por Alternative Tentacles son Dead Kennedys, NoMeansNo, D.O.A. e Alice Donut.
No ano 1985, a discográfica estivo a piques de pechar por problemas xudiciais co PMRC (Parents Music Resource Center), un comité creado coa misión de educar aos pais sobre "modas alarmantes" na música popular. No ano 2000, os ex-membros de Dead Kennedys comezaron un proceso contra Jello Biafra alegando que o músico non pagaba os royalties dos álbums da banda. Cando rematou o proceso, os membros conseguiron a licenza para usar o nome Dead Kennedys e puideron re-editar os discos co selo Manifesto Records.