Tipo | rexión xeográfica ![]() | |||
---|---|---|---|---|
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Perímetro | 11.000 km ![]() | |||
Atravesa | Brasil, Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia, Venezuela, Güiana e Suriname ![]() | |||
Superficie | 6.700.000 km² ![]() | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
2019 | Incêndios florestais na Amazônia em 2019 (pt) ![]() ![]() | |||
A Amazonia (en portugués brasileiro Amazônia, en portugués europeo Amazónia; en castelán: Amazonia ou Amazonía; en grego: Amazonie), coñecida a miúdo como Amazonas, polo nome do río Amazonas, é unha vasta rexión de América do Sur que inclúe a selva amazónica e a súa bacía circundante. As rexións de Güiana e Gran Chaco limitan con ela e tamén teñen bosques húmidos tropicais, polo que son coñecidas como parte da Amazonia.
A Amazonia é a selva tropical máis extensa do mundo.[1]
É unha rexión de 7.000.000 de quilómetros cadrados que se estende por nove países, principalmente en Brasil e Perú, pero tamén abrangue parte de Colombia, Bolivia, Venezuela, Ecuador, Güiana, Surinam e a Güiana Francesa.
Limita ao sueste coa ecorrexión do Cerrado, con algunhas zonas de transición onde os biomas de ambas ecorrexións se mesturan, especialmente en Estados como Mato Grosso, Pará, Tocantins e Goiás.[2][3]
É unha das ecorrexións máis biodiversas do mundo.[4][5] Ademais, é un gran regulador do ciclo do carbono que afecta o cambio climático,[6] aínda que, segundo a NASA, esa actividade está a minguar.[7] Ao ritmo actual de deforestación, máis da metade da Amazonia poderíase converter nun bioma máis árido con características da sabana.[8][9]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amazonia ![]() |