Ameixa bicuda
|
|
Clasificación científica
|
|
Nome binomial
|
Polititapes aureus (Gmelin, 1791)
|
Sinonimia
|
Polititapes nuculoides Coen, 1914 Polititapes nasuta Coen, 1914 Polititapes lacunaris Coen, 1914 Polititapes castrensis texturoides Pallary, 1912 Polititapes pulchellus bicolor Pallary, 1900 Polititapes aureus partita Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1893 Polititapes aureus radiata Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1893 Polititapes aureus rugata Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1893 Polititapes servaini Locard, 1886 Polititapes rostratus Locard, 1886 Polititapes rochebrunei Locard, 1886 Polititapes retortus Locard, 1886 Polititapes nitidosus Locard, 1886 Polititapes mabillei Locard, 1886 Polititapes grangeri Locard, 1886 Polititapes bourguignati Locard, 1886 Polititapes anthemodus Locard, 1886 Polititapes aureus elongata Dautzenberg, 1883 Polititapes hoeberti Brusina, 1865 Polititapes aureus ovata Jeffreys, 1864 Polititapes aureus quadrata Jeffreys, 1864 Polititapes picturata Requien, 1848 Polititapes pallei Requien, 1848 Polititapes castrensis Deshayes, 1848 Polititapes araneosa Philippi, 1847 Polititapes intuspunctata Anton, 1838 Polititapes pulchellus (Lamarck, 1818) Polititapes florida Lamarck, 1818 Polititapes aurea Gmelin, 1791 Polititapes aurea (Gmelin, 1791) Polititapes aurea (Gmelin, 1791)
|
A ameixa bicuda ou bruxa (Venerupis aurea, Gmelin 1791 [1]; antes Tapes aureus) é unha especie de molusco bivalvo pertencente á familia dos Venéridos (Veneridae), da orde Veneroida.
Moi semellante ás ameixas fina e babosa, adoita ser de menor tameño, con máximos de 4,5 cm. A cuncha é sólida e equivalva, co umbo adiantado cara a metade anterior. A charnela consta de tres dentes en cada valva. A superficie é lisa, con costelas concéntricas e liñas de crecemento á penas visibles.
A cor é amarelada chegando a abrancazada e adoita ter debuxos variados (raias, bandas, manchas) máis escuros que a cor de fondo. Na cara interna, de cor branca sucia e ás veces con tons morados ou marelos, apréciase ben a marca do saco paleal.
É unha especie común na Ría de Arousa pero menos común que outras ameixas. Vive desde a franxa infralitoral ata profundidades de 40 metros, enterrada nos fondos de area, lama ou grava.
Distribúese na costa europea do Atlántico, no Mediterráneo e Mar Negro.
Péscase tanto a pé, co sacho, como con raños desde a embarcación. Vén mesturada con outras ameixas que son o obxectivo dos mariñeiros.
Cocíñase e consómese como as outras ameixas pero resulta moito menos apreciada que estas.
Tamén recibe os nomes de brava, margarita e de chirla, pero este último nome pode crear confusión con outro molusco común no Mediterráneo que recibe, en castelán, o mesmo nome (Chamelea gallina).
Segundo Ríos Panisse, o apelativo de bicuda obedece á forma puntiaguda da unión das valvas. Diferentes peixes, como a maragota ou certas raias, reciben tamén esta denominación por algún carácter morfolóxico aguzado.
- ↑ Este é o nome científico oficial en España, segundo a Secretaría Xeral de Pesca en 2012 (Resolución de 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establece e se publica a listaxe de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España (BOE nº 148, de 21.06.2012) [1]). Non obstante, a Consellería de Pesca daba este nome como obsoleto en 1999, e como denominación actual o de Paphia aurea, pero o O World Register of Marine Species [2] considera que o nome científico válido actualmente é o de Polititapes aureus (Gmelin, 1791).
- DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.