Nome orixinal | (ar) أمينة بوعياش |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de decembro de 1957 (67 anos) Tetuán, Marrocos |
Presidente National Human Rights Council (en) | |
6 de decembro de 2018 – ← Driss el-Yazami (pt) | |
Ambassador of Morocco to Sweden (en) | |
13 de outubro de 2016 – 6 de decembro de 2018 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Mohammed V |
Actividade | |
Ocupación | activista, política |
Premios | |
|
Amina Bouayach, nada en Tetuán o 10 de decembro de 1957, é unha activista dos dereitos humanos marroquí. Dende decembro de 2018, Bouayach traballou como a presidenta do Consello Nacional de Dereitos Humanos de Marrocos.[1]
Deuse a coñecer por primeira vez ós medios cando, en 2006, se converteu na primeira muller elixida como presidenta dunha importante ONG en Marrocos.[2]
Como presidenta da Organización Marroquí de Dereitos Humanos, Bouayach traballou en importantes cuestións de Dereitos Humanos no seu país natal como a tortura, os refuxiados e os dereitos dos migrantes, os dereitos da muller, os dereitos individuais e a abolición da pena de morte.
Foi elixida vicepresidenta e despois secretaria xeral da Federación Internacional de Dereitos Humanos en 2010 e 2013 respectivamente.[3] Posteriormente, en 2016, Bouayach traballou como o embaixadora de Marrocos en Suecia e Letonia.[4]
En 2015, foi galardoada coa Lexión de honor francesa en Rabat pola súa integridade e constante compromiso cos Dereitos Humanos.[3]
Durante a Primavera árabe Amina defendeu a supresión da pena de morte cando estivo en Tunisia e Libia.[5]
Bouayach naceu en Tetuán o 10 de decembro de 1957 nunha familia rifeña ben coñecida, expulsada do Rif pola ocupación.[2] O seu pai, Hammadi Bouayach, era avogado, activista político, pensador e profesor de Dereito na Universidade de Rabat, da que se coverteu en decano. Foi un dos poucos seleccionados para formar parte dunha misión para estudar no estranxeiro no Cairo e París por Mekki Nassiri. O seu avó foi considerado a man dereita de Abdelkrim el-Khattabi e o xeneral máis leal durante a Guerra do Rif.
Ten un máster en economía da Universidade Mohammed V de Rabat.
Bouayach comezou a súa carreira cos Dereitos Humanos a unha idade nova, traballando coas familias dos prisioneiros políticos durante os Anos de Plomo en Marrocos. Pasou dous anos traballando coa socióloga Fatema Mernissi sobre os dereitos das mulleres, especialmente mulleres musulmás; e publicou numerosos artigos sobre o tema en árabe, francés, inglés e castelán.
Profesionalmente, ocupou moitos cargos políticos, sobre todo como membro de gabinete do exprimeiro ministro Abderrahmane Youssoufi de 1998 a 2002, e como membro da Comisión Consultiva sobre a Reforma Constitucional[2] nomeada polo Rei Mohammed VI, en medio da Primavera árabe. Polas súas importantes achegas á Constitución de Marrocos, foille outorgada a Orde do Trono polo Rei Mohammed VI.
Traballou estreitamente coas Nacións Unidas, a Unión africana e o Foro Euro-mediterráneo sobre os dereitos dos defensores e a liberdade de asociación.
Foi unha das primeiras figuras de dereitos humanos en visitar Tunisia após a abdicación do expresidente tunesino Zine El Abidine Ben Ali, e Libia após a desaparición do expresidente libio Muammar Gaddafi. Foi e segue sendo moi activa no grupo rexional para a reforma da Liga dos Estados árabe.
Amina Bouayach foi membro da Organización árabe de Dereitos Humanos e do grupo de expertos en estudos estratéxicos da rexión da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.[6]
En 2014, ocupou o cargo de coordinadora principal de ONG africanas durante o Cume africano en Adís Abeba.
O 13 de outubro de 2016 converteuse na Embaixadora de Marrocos en Suecia e Letonia.[7][8]
O 6 de decembro de 2018, Amina Bouayach foi nomeada polo rei Mohammed VI de Marrocos como presidenta do Consello Nacional de Dereitos Humanos de Marrocos.[9]
Para o Día Internacional da Muller do ano 2019, lanzou unha exitosa campaña nacional para a abolición do matrimonio de menores en Marrocos.[10]