Anacampserotaceae

Anacampserotaceae

Flor de Anacampseros rufescens
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Anacampserotaceae
Eggli & Nyffeler
Xéneros

Anacampserotaceae é unha familia de plantas dicotiledóneas pertencente á orde Caryophyllales. A familia foi proposta en 2010, nun traballo no que se analiza a polifilia da suborde Portulacineae das Caryophyllales, sobre a base de evidencia morfolóxica e molecular. Dentro das anacampserotáceas inclúense tres xéneros, Anacampseros, Grahamia e Talinopsis, os cales se dispoñían previamente dentro da familia das portulacáceas.[1] Esta familia foi aceptada polo sistema de clasificación APG III.[2]

  1. Nyffeler, R., and U. Eggli. 2010. Disintegrating Portulacaceae: A new familial classification of the suborder Portulacineae (Caryophyllales) based on molecular and morphological data. Taxon, 59(1): 227-240.
  2. Chase, M. W., and J. L. Reveal. 2009. A phylogenetic classification of the land plants to accompany APG III. Botanical Journal of the Linnean Society, 161(2): 122–127. doi 10.1111/j.1095-8339.2009.01002.x

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]