Os anais irlandeses son un grupo de diversas obras medievais que foron compiladas tras o final da Irlanda gaélica no século XVII.
Os anais eran a maneira que os monxes determinaban os días festivos segundo a cronoloxía anual. Co tempo, engadíronse obituarios de sacerdotes, abades e bispos xunto a sucesos políticos de resonancia.
Os modelos (alleos aos Anais irlandeses) foron obras como a Chronica maiora de Beda, Crónica de Marcellinus de Marcellinus Comes e o Liber pontificalis[1].
As copias manuscritas dos anais compilados corresponden a:
Outras fontes que conteñen material analítico:
Moitos destes anais foron traducidos e publicados pola Escola de Estudos Célticos, Instituto de estudos avanzados de Dublín (Dublin Institute for Advanced Studies), ou a Sociedade de textos irlandeses (Irish Texts Society).
O tratado Cogad Gáedel re Gallaib (Guerra dos irlandeses contra os estranxeiros) tamén contén unha gran cantidade de valiosa información da Era viquinga en Irlanda que non sobreviviu noutras fontes contemporáneas. A maioría procede de fontes anteriores aos Anais de Inisfallen, que chegou até os nosos días en forma abreviada e chea de lagoas.
Doutra banda existen algúns anais dos que se tivo coñecemento da súa existencia, pero que non sobreviviron: