De acordo coa lenda local, a princesa indíxena Hanna de Luchuta e o cacique Poyma casaron e fundaron cos seus unha vila, a cal en testemuño de cariñoso recordo déuselle o nome de Hanna-Poyma, palabras que ao xuntarse na pronuncia simplificáronse en Anapoima. Tamén se di que un cura doutrineiro de Tena que por alí pasou algunha vez aconsellou ao cacique Poyma que fixese as casas do poboado máis xuntas, pois estando demasiado apartadas os seus moradores non poderían defenderse do inimigo. E así o fixo e formouse o poboado.