Ancient Aliens é unha serie televisiva estadounidense que foi estreada o 20 de abril de 2010, na canle History.[1] Producida por Prometheus Entertainment nun estilo de documental, o programa presenta hipóteses de astronautas antigos e propón que textos históricos, a arqueoloxía e as lendas conteñen probas de contacto extraterrestre cos humanos da antigüidade.[2][3] O programa foi amplamente criticado por historiadores, cosmólogos e outros círculos científicos por presentar e promover a pseudociencia e a pseudohistoria.
A serie comezou cun especial de televisión homónimo que se estreou o 8 de marzo de 2009, na canle History. As tempadas 1–3 emitíronse na mesma canle até o ano 2011. Dende a tempada 4 até a metade da tempada 7, a serie emitiuse a través de H2. O 10 de abril de 2015, os episodios volvéronse emitir en History.
A tempada 13 estreouse o 27 de abril de 2018 cun especial de dúas horas.[4]