Andalucia | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Andalucia é un xénero de oganismos eucariotas unicelulares da orde Jakobida, que en 2015 contiña unha soa especie Andalucia godoyi.[1]
A morfoloxía de Andalucia lembra, grosso modo, a doutros Jakobida. Os datos moleculares non sempre foron conclusivos, pero análises filoxenómicas recentes indican que Andalucia é un grupo irmán dos outros Jakobida, ou, dito doutra maneira, o xénero está máis estreitamente relacionado con eles que cos Heterolobosea ou Euglenozoa (os outros grupos dos Discoba).[2] O xene da α-tubulina de Andalucia lembra máis estreitamente o dos opistocontos e diplomónadas que ao dos seus parentes máis próximos, o que aparentemente é o resultado de transferencia horizontal de xenes.[3]
En 2015, o heterótrofo que vive no solo Andalucia godoyi é a única especie descrita deste xénero. A especie Andalucia incarcerata, que vive en sedimentos intermareais mariños ricos en sulfuro,[3] foi transferida ao xénero Stygiella en 2015.
As análises de secuencias de ADN do medio ambiente suxiren que polo menos hai outras dúas especies máis que non foron illadas ou descritas formalmente polo momento.[3]
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |