Ander Yoldi

Modelo:BiografíaAnder Yoldi
Biografía
Nacemento(es) Ander Yoldi Aizagar Editar o valor en Wikidata
9 de setembro de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,87 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral esquerdo
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2019 Club Deportivo Pamplona
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2018–2020 Club Deportivo Pamplona 31(7)
2020–2021 Unión Deportiva Mutilvera 25(4)
2021–2024   Osasuna Promesas 77(20)
2024–   CA Osasuna
2024– cesión   Córdoba CF
Familia
IrmánsMikel Ioldi Editar o valor en Wikidata

Ander Yoldi Aizagar, nado en Pamplona o 9 de setembro de 2000, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Osasuna Promesas da Primeira División RFEF.[1]

É irmán do tamén futbolista Mikel Yoldi.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do CD Pamplona, co que disputou a División de Honra Xuvenil.[3] Rematada a súa etapa como xuvenil, fichou en 2020 polo Mutilvera, co que debutou na Segunda División B.[4] Alí axiña comezou a destacar e unha tempada despois foi fichado por Osasuna para xogar no filial do club, o Promesas.

Comezou a tempada 2021/22 como titular, pero no seu quinto partido co equipo, diante do Arenas de Getxo, acabou gravemente lesionado, ao sufrir a rotura do ligamento cruzado do xeonllo esquerdo.[5] Permaneceu preto dun ano fóra dos terreos de xogo e durante a súa ausencia o equipo vermello conseguiu o ascenso á Primeira División RFEF.[6] Reapareceu no inicio da seguinte campaña, na que disputou a maioría de encontros do equipo, dirixido por Santiago Castillejo. Na xornada 36 saltou ao campo no treito final do partido, cando o seu equipo perdía por 1-0 diante do Calahorra, e marcou un triplete en 10 minutos e 28 segundos. Bateu tres récords da aínda curta historia da Primeira RFEF (triplete máis rápido, primeiro xogador en conseguir un triplete saíndo dende o banco e xogador que menos tempo precisou estar no campo para marcar tres goles).[7]

  1. "Ander Yoldi". Transfermarkt. Consultado o 15 de mayo de 2023. 
  2. "La venganza de Ander Yoldi" (en castelán). 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 4 de decembro de 2023. 
  3. "Los "10" de Osasuna y Celta piden paso a la élite desde la Primera Federación" (en castelán). 21 de outubro de 2023. Consultado o 4 de decembro de 2023. 
  4. "Ander Yoldi, el centrocampista goleador que causa sensación en la UD Mutilvera" (en castelán). 10 de novembro de 2020. Consultado o 4 de decembro de 2023. 
  5. Eusa, Diego (12 de setembro de 2022). "La 'resurrección' de Ander Yoldi" (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2023. 
  6. "Ander Yoldi sufre una rotura de ligamento cruzado anterior de su rodilla izquierda". osasuna.es. 7 de octubre de 2021. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2023. Consultado o 15 de mayo de 2023. 
  7. Castillo, Irache (16 de maio de 2023). "Ander Yoldi, el extremo del Promesas que ha marcado un triplete en 11 minutos... saliendo del banquillo" (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2023.