Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1979 (45 anos) Nuuk, Groenlandia |
Ministro de Economía | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Demokraatit |
Andreas René Uldum, nado o 21 de abril de 1979 en Qeqertarsuaq, é un músico e político groenlandés.
Diplomado en traballo social, fíxose famoso no seu país como guitarrista da banda de rock DDR, formada en 2002[1]. No ano 2007 debutou como solista co CD de música infantil, Angakkuakkatut. Membro do Parlamento desde 2009, entre 2013 e 2014 foi tamén concelleiro e vicealcalde de Sermersooq.
En 2014 o seu partido, os Demócratas, elixiuno como o seu presidente e tras as eleccións xerais dese ano converteuse en viceprimeiro ministro e ministro de finanzas.[2][3]. En novembro de 2015 anunciouse que Andreas Uldum collera unha baixa por estrés, nomeándose de forma temporal un novo ministro.[4]