![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A anemia megaloblástica é un trastorno sanguíneo caracterizado por anemia, con glóbulos vermellos máis grandes do normal, xeralmente é resultado dunha deficiencia de ácido fólico ou de vitamina B12.
Na anemia megaloblástica prodúcese unha diminución no número de eritrocitos ou glóbulos vermellos e un aumento de tamaño dos mesmos debido a unha deficiencia das substancias que interveñen no proceso de formación dos eritrocitos, como é a vitamina B12.
As deficiencias de vitamina B12 e de ácido fólico son as causas máis comúns. Outras causas son:
O tratamento da anemia megaloblástica vai depender da causa da mesma, polo tanto o principal obxectivo sería atopar esa causa. Baixo o tratamento adecuado, este trastorno ten un bo prognóstico.