Angela McRobbie

Modelo:BiografíaAngela McRobbie

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
EducaciónUniversidade de Birmingham Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsocióloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Londres
Goldsmiths, Universidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Premios

Angela McRobbie, nada en 1951, é unha feminista, profesora, socióloga e teórica británica dos estudos culturais. McRobbie combina o estudo de diferentes dimensións da cultura xuvenil co desenvolvemento da teoría cultural e política.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

McRobbie fixo os seus estudos de posgrao no Centro de Estudos Culturais contemporáneos na Universidade de Birmingham. Ensinou en Londres, logo na Universidade de Loughborough e é Profesora de Comunicacións na Universidade de Goldsmiths, Londres.

O seu traballo máis coñecido xira arredor da análise do xénero na cultura xuvenil. Foi crítica respecto do traballo das subculturas do CCCS realizado por Paul Willis e Dick Hebdige, pola súa falta de consideración do xénero. Máis aínda, subliñou a necesidade de analizar a natureza da vida cultural das mulleres novas, en orde a estabelecer se se estruturaba dun xeito diferente daquel dos mozos. Este enfoque levou a escribir sobre a cultura da feminidade, os romances, a música pop e a cultura “teenybop”, a revista para mozas “Jackie”, entre outras cousas. Estes ensaios poden atoparse en "Feminism and Youth Culture" (1991).[1]

  • Zoot Suits and Second-hand Dress (1989)
  • Feminism and Youth Culture (1991)
  • Postmodernism and Popular Culture (1994)
  • British Fashion Design: Rag Trade or Image Industry? (1998)
  • In the Culture Society: Art, Fashion and Popular Music (1999)
  • The Uses of Cultural Studies: A Textbook (2005)
  • The Aftermath of Feminism: Gender, Culture and Social Change (2009)
  1. Introducing Cultural Studies. The University of Georgia Press.