(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1980 (44 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Universidade de Oxford King's College de Londres |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, xornalismo, TV journalism (en) e enxeñaría mecánica |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | xornalista, escritora, xornalista de televisión |
Empregador | British Broadcasting Corporation (–2008) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Saini, Angela, 1980-, |
Sitio web | angelasaini.co.uk |
Angela Saini, nada en Londres o 25 de outubro de 1980, é unha galardoada xornalista científica con formación en ciencias e enxeñaría. Presenta regularmente programas científicos na BBC Radio, e os seus escritos apareceron en New Scientist, The Guardian, The Times e Wired. O seu libro Inferior tivo grande éxito de crítica e foi nomeado Physics World Book of the year no ano 2017.[1][2]
Angela ten un máster en enxeñaría pola Universidade de Oxford e foi membro do Programa de Periodismo Científico do Massachusetts Institute of Technology (MIT). O seu xornalismo recibiu eloxios e gañou importantes premios, entre eles o premio da Asociación de Escritores Científicos Británicos e o premio de ouro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia.[1][2]
Saini publicou o seu primeiro libro en 2011, Geek nation: How Indian science is taking over the world (“Nación geek: Cómo a ciencia india está conquistando o mundo”). En 2017 publicou Inferior: How Science Got Women Wrong and the New Research That’s Rewriting the Stor ("Inferior: Como a ciencia infravalora á muller e como as investigacións reescriben a historia"),onde desmonta unha falsa verdade biolóxica: as mulleres non son débiles, nin física nin mentalmente. E no 2019 Superior: The return of race science (“Superior: O retorno da ciencia racial”), obra na que analiza o papel da ciencia na difusión do racismo e os estereotipos raciais[3], que foi elixido por Nature como un dos 10 libros do 2019.[4]