Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1952 ![]() Sheffield, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía e Climatoloxía ![]() |
Ocupación | climatóloga, profesora universitaria, escritora ![]() |
Empregador | Universidade Macquarie (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Brian Henderson-Sellers ![]() |
Premios | |
Ann Henderson-Sellers, nada o 7 de marzo de 1952 en Sheffield, Yorkshire, é unha xeógrafa[1][2] e climatóloga australiana de orixe británica.[2]
Estudou Matemáticas na Universidade de Bristol e acadou o título de doutora en ciencias atmosféricas pola Universidade de Leicester en 1976 coa tese A theoretical study of the evolution of the atmospheres and surface temperatures of the terrestrial planets.[3][4] O examinador da tese foi James Lovelock, cuxa hipótese de Gaia inspirou a Ann, converténdose nunha das principais líderes da área Ciencia dos Sistemas Terrestres, disciplina creada polo propio Lovelock.[3]
En 1987 trasladouse a Australia, onde foi directora fundadora do Centro de Impactos Climáticos da Universidade de Macquarie.[3] Posteriormente foi vicerreitora do Royal Melbourne Institute of Technology . Entre 1998 a 2005 foi directora da División Ambiental da Asociación da Ciencia Nuclear e Tecnoloxía de Australia.[3]En 1999 acadou o doutoramento en Ciencias do clima.[5]
Tamén formou parte do equipo do Proxecto de intercomparación dos esquemas de parametrización da superficie terrestre[6] do Programa Mundial de Investigaciones Climáticas.[nota 1][5]
Actuou como consultora da Universidade das Nacións Unidas sobre diversos aspectos do impacto do cambio climático. Tamén foi unha das autoras do Segundo informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático en 1995.
Entre 2005 to 2007 foi a directora do Programa Mundial de Investigaciones Climáticas con sede en Xenebra, nas oficinas da Organización Meteorolóxica Mundial(OMM).[3]
En 2008 escribiu un ensaio The IPCC Report: What The Lead Authors Really Think no que analiza as distintas perspectivas do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (GICC), principalmente o Cuarto informe de avaliación do IGCC.[7]
É profesora emérita da Universidade de Macquarie.[5][8]