Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1997 (27 anos) Victoria, Canadá |
Educación | Universidade da Columbia Británica (2006–2015) St. Margaret's School (en) (2002–2006) St. Michaels University School (en) |
Actividade | |
Ocupación | estudante, inventora |
Sitio web | annmakosinski.com |
Ann Makosinski, nada en Vitoria, Canadá, o 3 de outubro de 1997 é unha estudante, inventora e oradora canadense. Gañou a Google Science Fair en 2013 por inventar unha lanterna termoeléctrica.
Makosinski é de ascendencia filipina e polaca.[1] O seu pai é director de laboratorio retirado e conta con dúas patentes médicas.[2]A súa familia vive en Saanich, Columbia británica.[3]Estudou no St. Michaels University School.[4]Para o seu proxecto de sétimo grao, Makosinski inventou unha radio que se podía alimentar coa calor dunha candea. Tamén construíu unha lanterna piezoeléctrica cando estaba en noveno curso.[5]
En 2014 Makosinski gañou a Google Science Fair na categoría de 15 a 16 anos co proxecto Hollow Flashlight, unha lanterna termoeléctrica.[6][1] Inspirouse nas súas visitas á terra natal da súa nai (Filipinas), onde unha amiga súa tivera problemas na escola porque non tiña suficiente luz para estudar durante a noite.[6][7] O dispositivo baséase no efecto termoeléctrico empregando placas Peltier.[8]É oco para incrementar as correntes convectivas.[5] En 2017 comezou as negociacións para producir comercialmente e distribuír as lanternas.[9][10][11]
Foi oradora en TED x Richmond e en TED x Vancouver no ano 2013.[2] Ese ano apareceu na lista 30 Under 30 da revista Time[12] e gañou unha medalla de ouro na Canada-Wide Science Fair.[13] En 2014 presentou The Problem with Inventions en TEDx Vitoria. Tamén foi oradora de TED x Teen en 2016 - coa súa charla Why I don't use a smart phone.[14] Makosinski presentou a súa cunca eDrink, que usa a calor da bebida para cargar un teléfono, no programa Tonight Show de Jimmy Fallon.[15][16] Como premio outorgáronlle $5,000 para apoiar a súa formación.[17]
É a fundadora de Makotronics Enterprises.[18] Postulouse para obter múltiples patentes.[19] En agosto de 2017 embarcouse nunha expedición de dúas semanas ao Paso do Noroeste para celebrar o 150 aniversario do Canadá.[20]
Gañou catro premios na Intel International Science and Engineering Fair.[21]
Foi votada como a nova inventora do ano en 2016 por Popular Science.
En 2016 Ann gañou 50 000 dólares para investimento grazas a Quest Climate Grant, financiado por Canadian Geographic e Shell_Energy_North_America, polos seus inventos alimentados coa calor humana.[22]
Na área publicitaria foi elixida embaixadora de marca de Uniqlo en 2016 e fixo campañas con Five Star e Lenovo.[9][23][24]
En 2017 Makosinski foi incluída na lista Forbes 30 under 30.[25] Tamén foi nomeada pola revista Glamour como unha das mulleres universitarias do ano en 2018.[26]
En outubro de 2017 foi parte do Converse Public Access show con Miley Cyrus.[27]