![]() (2002) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Anna Maria Birulés i Bertran ![]() 28 de xuño de 1954 ![]() Xirona, España ![]() |
![]() ![]() | |
28 de abril de 2000 – 10 de xullo de 2002 ← Josep Piqué – Josep Piqué → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de California, Berkeley Universidade de Barcelona ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, economista, empresaria ![]() |
Partido político | sen valor Partit Socialista Unificat de Catalunya ![]() |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia ![]() |
Familia | |
Irmáns | Josep Maria Birulés i Bertran ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Anna María Birulés i Bertrán, nada en Xirona o 28 de xuño de 1954, é unha política e directiva empresarial española que exerceu de ministra de Ciencia e Tecnoloxía durante o segundo goberno de José María Aznar.
Anna Birulés naceu na cidade de Xirona en 1954.[1] Birulés, que militou no PSUC a finais da década de 1970,[2] estudou Ciencias Económicas na Universidade de Barcelona, ampliando posteriormente os seus estudos na Universidade de California en Berkeley, nos Estados Unidos. É membro do Círculo de Empresarios e da xunta do Círculo de Economía de Barcelona.
Iniciou a súa actividade profesional no Departamento de Industria da Generalitat de Cataluña, desempeñando o cargo de directora xeral do Centro de Información e Desenvolvemento Empresarial (CIDEM), directora xeral de Promoción Comercial, presidenta do Consorcio para a Promoción Comercial de Cataluña (COPCA), baixo as ordes do director xeral de Industria da Generalitat, Josep Piqué. En 1997 abandonou o seu cargo de secretaría xeral do Banc Sabadell para ser nomeada directora xeral de Retevisión, desde onde dirixiu o proceso de expansión do operador de telecomunicacións, mediante a vertebración da compañía a través das súas filiais Retevisión Móvil (telefonía móbil), Onda Digital (televisión dixital terrestre e Retevisión Interactiva (servizos de Internet).
Sen estar afiliada a ningún partido político, foi nomeada ministra de Ciencia e Tecnología coa formación do segundo goberno de José María Aznar no ano 2000. Ocupou o cargo ata o 10 de xullo de 2002, cando foi substituída por Josep Piqué.