Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1918 ![]() Auckland, Nova Zelandia ![]() |
Morte | 23 de outubro de 1976 ![]() Melbourne, Australia ![]() |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bailarina de ballet, poetisa, escritora ![]() |
Período de actividade | 1972 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Anne Josephine Chloe Elder, nada en Auckland o 4 de xaneiro de 1918 e finada en Melbourne o 23 de outubro de 1976, foi unha bailarina de ballet e poeta australiana.
Inspirada por Anna Pavlova, comezou as clases de ballet con Laurel Martyn na década de 1930. Bailou co Ballet Russe de Monte Carlo de Wassily de Basil, a Australian Ballet Company, e a Borovansky Ballet Company, da que foi solista entre 1940 e 1944.
Elder estaba preocupada pola súa saúde, e orientou a súa carreira á pintura, a poesía, a xardinaría e a decoración doméstica[1]. A mediados da década de 1960, animada por Bruce Dawe e Philip Martin, comezou a publicar poesía en publicacións periódicas, como Australian, Meanjin, Quadrant, Overland e Southern Review. En 1972 publicou o seu primeiro poemario, For the Record. O seu segundo poemario, Crazy Woman, foi publicado en 1976 de forma póstuma, e foi eloxiado nos premios do National Book Council de 1977.[2]
Tras a morte de Anne Elder, o seu marido John Elder estableceu o premio Anne Elder Trust Fund para a poesía, presentado anualmente ao mellor primeiro poemario publicado en Australia. O premio foi administrado durante corenta anos pola rama do estado de Victoria da Fellowship of Australian Writers, e na actualidade é concedido por Australian Poetry.
En 1988 Monash University publicou Un volume conmemorativo da súa poesía, Small Clay Birds. En 2018 Julia Hamer publicou The Heart's Ground, unha biografía de Anne Elder que apareceu xunto cunha nova colección de poemas de Anne, The Bright and the Cold, compilada pola súa filla Catherine Elder. Os dous volumes foron publicados por Lauranton Books.