![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1838 ![]() Auburn, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 29 de abril de 1921 ![]() Lockport, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Oakwood Cemetery (en) ![]() ![]() |
Profesora | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestra, especialista de cinema ![]() |
Descrito pola fonte | Overlooked No More: Annie Edson Taylor, Who Tumbled Down Niagara Falls Into Fame (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Annie Edson Taylor, nada en Auburn o 24 de outubro de 1838 e finada en Lockport o 29 de abril de 1921, foi unha profesora estadounidense que no seu 63.º aniversario, o 24 de outubro de 1901, se converteu na primeira persoa que sobreviviu a unha viaxe polas cataratas do Niágara nun barril.[1] Os seus motivos foron financeiros, mais nunca logrou moitos cartos pola súa aventura.
Annie Edson Taylor naceu en Auburn en 1838.[2] Era unha dos oito fillos de Merrick Edson (1804–1850) e Lucretia Waring;[3] o seu pai era o dono dun muíño de fariña que faleceu cando ela tiña doce anos, deixándolles cartos abondo para proporcionar unha vida cómoda á súa familia. Fíxose profesora (recibiu un grao de honra nun curso de adestramento de catro anos). Mentres estudaba coñeceu a David Taylor, co que casou e co que tivo un fillo que faleceu na infancia. O seu marido faleceu pouco despois.
Finalmente, estableceuse en Bay City, Míchigan onde agardaba converterse en profesora de danza. Como non había escolas de danza en Bay City nesa época, Taylor abriu a súa propia. Mudouse a Sault Ste. Marie en 1900 para dar clases de música. Dende aí, viaxou a San Antonio, Texas, e máis adiante ela e unha amiga viaxaron á Cidade de México para buscar traballo. Ao non ter éxito, volveu a Bay City.[4]
Desexando asegurar financeiramente os seus últimos anos e evitar o hospicio, decidiu que sería a primeira persoa en cruzar as cataratas do Niágara nun barril. Taylor empregou un barril feito á medida para a aventura, construído de carballo e ferro e acolchado.[5] Houbo varios atrasos no lanzamento do barril, particularmente porque ninguén quería formar parte dun suicidio potencial. Dous días antes do intento de Taylro, Lanzouse un gato doméstico polas cataratas Horseshoe no barril para comprobar a súa forza e ver se o barril rompería ou non. Contrariamente aos rumores da época, o gato sobreviviu á caída e dezasete minutos despois, tras ser atopado coa cabeza sangrando, posou con Taylor en fotografías.[6]-->
O 24 de outubro de 1901, día do seu 63.º aniversario, o barril foi colocado nun lado dunha barca, e Taylor subiu a el coa súa almofada da sorte con forma de corazón. Tras aparafusar a tapa, os seus amigo empregaron unha bomba para pneumáticos de bicicletas para comprimir o aire do barril. O burato empregado para iso foi taponado cunha cortiza, e Taylor foi deixada á deriva preto da beira estadounidense, ao sur de Goat Island.
As correntes do lago Niágara levaron o barril ás canadenses cataratas Horseshoe, que dende entón foron lugar para todos os especialistas en escenas de risco das cataratas. Os rescatadores chegaron ao barril pouco despois da caída. Atopouse a Taylor viva e relativamente ilesa, agás por un pequeno tallo na cabeza. A viaxe durou menos de vinte minutos,[7] mais tardouse un pouco antes de abrirse o barril. Trala viaxe, Taylor dixo á prensa:
Se fose co meu último suspiro, advertiría a calquera contra o intento deste acto ... Eu iría antes á boca dun canón, sabendo que me ía facer estoupar en pedazos que facer outra viaxe polas cataratas.[8]
Durante un breve tempo, Taylor gañou diñeiro falando sobre a súa experiencia, mais nunca puido conseguir moita riqueza. Escribiu un libro de memorias e volveu ás cataratas do Niágara para vendelo.[9] O seu representante, Frank M. Russell, fuxiu co barril, e tivo que empregar gran parte dos seus aforros en contratar detectives privados para atopalo. Finalmente foi localizado en Chicago, desaparecendo un tempo despois.
Pasou os seus últimos anos posando para fotografías con turistas nun posto de recordos intentando gañar diñeiro de New York Stock Exchange, falando de facer un segundo mergullo nas cataratas en 1906, intentando escribir unha novela, reconstruíndo a súa aventura de 1901 nun filme (que nunca foi visto) e traballando como clarividente.
Taylor faleceu o 29 de abril de 1921, aos oitenta e dous anos, na clínica do condado de Niágara en Lockport, Nova York, e foi enterrada preto do aventureiro inglés Carlisle D. Graham (1886–1905)[10] na sección "Stunter's Rest"[11] do cemiterio Oakwood de Niagara Falls, Nova York.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Annie Edson Taylor ![]() |