Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1967 ![]() Mariental, Namibia (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Cidade do Cabo Stellenbosch University Saddleback College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista ![]() |
Anoeschka von Meck, nada en Mariental en 1967, é unha escritora namibia en lingua afrikaans.
Descendente de alemáns, viviu durante un tempo en Henties Bay.[1] En 1983 mudouse aos Estados Unidos de América para rematar os estudos secundarios na Lynchburg Christian Academy en Lynchburg (Virxinia).[2] Despois proseguiu os estudos no Saddleback College en Mission Viejo (California), e despois en San Francisco estudou bioloxía mariña e relixións comparadas. Mentres vivía nos Estados Unidos gañou o Golden Poet Award, concedido pola International Poetry Society.[1]
Von Meck regresou a África e estudou arqueoloxía e relixión na Universidade de Cape Town, e Exiptoloxía na Universidade Stellenbosch.[1] Traballou como matrona nunha casa infantil e como xornalista.[2] Foi reporteira para o Die Republikein.[1]
En 2994 publicou a súa primeira novela, Vaselinetjie, coa que gañou o premio Rapport/Jan Rabie a novas voces en afrikaans, o Premio MER para literatura nova, e o Premio M-Net a textos curtos en afrikaans.[2] Se ben a novela acadou Premio MER, a intención da autora non era dirixir a obra ao público novo[3] Vaselinetjie é a historia dunha nena abandonada atipada a carón das vías do tren na costa, e adoptada por unha parella de Kleurling ("xente de color")[1]. A protagonista, Vaseline, recibe o seu nome pola súa pel brillante, debido a que os seus avós lle botaron vaselina na pel para evitar que ficase seca por mor do Sol.[3] Vaselinetjie foi adaptada a teatro, estreada en Cape Town en 2010.[2] En 2017 foi adaptada ao cinema.[4]