Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Provincia | Tequendama Province (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 12.911 (2005) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.657 m | |||
Sitio web | anolaima-cundinamarca.gov.co… |
Anolaima é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia do Tequendama, a 71 km de Bogotá. Considérase a capital froiteira de Colombia.
Os "anolaymas" eran unha tribo indíxena da nación panche. Foron das primeiras tribos con que se atoparon os españois ó descender por Zipacón en 1538; ese mesmo ano foron derrotados na Batalla de Tocarema pola expedición comandada por Gonzalo Jiménez de Quesada. Pouco despois, Hernán Pérez de Quesada tomou represalias contra os anolaymas por terse aliado a outros panches para invadir a sabana de Bogotá.
Inicialmente, a vila formouse na parte baixa do actual centro urbano, sobre a crebada e o alto do Resgardo, onde foi erixida inicialmente a capela de San Vicente Ferrer. O sacerdote dominico frei Lope de Acuño, evanxelizador da comarca dos panches, iniciou a doutrina de Anolaima, nome que se coñeceu en 1541. Dita doutrina foi dependente do curato de Tocarema, que en 1593 foi encomenda de Francisco Ortiz Carvajal. Cara a 1604, a vila compoñíase dos agregados de Tocarema e Matima (no presente, vereas dependentes de Anolaima).
En 1606 a vila foi erixido como curato e déuselle como santo patrón a San Vicente Ferrer. Porén, a data exacta de fundación do actual poboado non puido precisarse.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anolaima |