«Anouschka» | |||||
---|---|---|---|---|---|
Sinxelo de Inge Brück | |||||
Lanzamento | Abril de 1967 | ||||
Formato | Disco de vinilo 7", mono, 45 RPM, promo, EP | ||||
Gravada | |||||
Xénero musical | Pop, Schlager | ||||
Lingua(s) | Alemán | ||||
Duración | 2:04 | ||||
Discográfica | Ariola | ||||
Produtor(es) | |||||
Escritor(es) | Hans Blum | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Anouschka» é unha canción composta por Hans Blum e interpretada en alemán por Inge Brück.[1] Lanzouse como sinxelo en abril de 1967 mediante Ariola Records.[2] Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1967 tras ser seleccionada internamente pola emisora alemá Hessischer Rundfunk.[3][4]
«Anouschka» | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1967 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Hans Blum |
Resultados | |
Posto na Final | 8.º |
Puntos na Final | 7 |
Cronoloxía | |
◄ «Die Zeiger der Uhr» (1966) | |
«Ein Hoch der Liebe» (1968) ► |
«Anouschka» foi seleccionada para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión 1967 de entre 121 cancións polo director de programas de televisión de Hessischer Rundfunk Hans-Otto Grünefeldt xunto a catro expertos e tres xornalistas.[3]
A canción participou no festival celebrado no Palacio Imperial de Hofburg en Viena o 8 de abril de 1967, sendo interpretada pola cantante alemá Inge Brück.[4] A orquestra foi dirixida por Hans Blum, compositor da canción.[5]
Foi interpretada 9.ª, seguindo a Finlandia con Fredi interpretando «Varjoon — suojaan» e precedendo a Bélxica con Louis Neefs interpretando «Ik heb zorgen». Ao final das votacións, a canción recibiu 7 puntos, obtendo o oitavo posto de 17 xunto a Suecia e Iugoslavia.[6]
A canción é unha balada. Nesta, a intérprete dille á súa amiga «Anouschka» que «el» (presuntamente o seu amante) volverá con ela pronto.[7]
Rexión | Data | Formato | Discográfica | Ref. |
---|---|---|---|---|
Alemaña | Abril de 1967 | Disco de vinilo 7", mono, 45 RPM | Ariola Records | |
Francia | Disco de vinilo 7", promo | Philips Records | ||
EP | ||||
España | 1967 | Disco de vinilo 7" | Discos Belter | |
Suecia | Sonet Records |
[...] na procura dunha canción [...], Hessischer Rundfunk volveu confiar na preselección interna. Xunto con catro expertos e tres xornalistas, o promotor do concurso Hans-Otto Grünefeldt elixiu, de 121 cancións, o tema “Anouschka”, escrito por Hans Blum
En 1967 y 1969, [Hans Blum] compuxo, escribiu, orquestrou e dirixiu as cancións “Anouschka” e “Primaballerina” para Inge Brück e Siw Malmkvist respectivamente.
Predecesor: «Die Zeiger der Uhr» Margot Eskens |
Alemaña no Festival de Eurovisión 1967 |
Sucesor: «Ein Hoch der Liebe» Wencke Myhre |