O antíxeno asociado á función do linfocito 1, tamén chamado LFA-1 é unha molécula da superficie celular importante na función inmunitaria. Encóntrase na superficie de todos os linfocitos T e B, macrófagos e neutrófilos e está implicado no recrutamento de células ao sitio de infección. O LFA-1 únese ao ICAM-1 da célula presentadora de antíxenos e funciona como unha molécula de adhesión tipo integrina. O LFA-1 é o primeiro que une as células T coas células presentadoras de antíxenos e inicialmente a unión é feble. Un sinal do receptor das células T e/ou o receptor de citocinas cambia a súa conformación e prolonga o contacto celular, o que capacitará á célula T para proliferar.
O LFA-1 forma parte da familia das integrinas de leucocitos, cuxos membros se recoñecen por ter cadeas β comúns (β2, CD18). O LFA-1 tamén ten unha cadea α específica (αL, CD11a). O conxunto do CD18 e o CD11a forman o LFA-1.
Tamén pode ter un papel na infección de células por certos virus, como o VIH.[1]