Anthicidae

Anthicidae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Anthicidae
Latreille, 1819
Xéneros

uns 100 xéneros

Sinonimia
  • Notoxidae
  • Ischaliidae

Os antícidos (Anthicidae) son unha familia de coleópteros polífagos. A familia comprende unhas 3500 especies nuns 100 xéneros. A maioría das especies son de pequeno tamaño e teñen aparencia de formiga.

Características

[editar | editar a fonte]

A cabeza estréitase xusto enfronte do pronoto formando un pescozo, e o extremo posterior do pronoto é xeralmente tamén estreito. As patas e antenas son delgadas, aumentando a súa aparencia de formiga, e o corpo está escasamente cuberto con pelos longos.

Os escaravellos adultos son omnívoros, consomen pequenos artrópodos, pole, fungos... Algúns tipos teñen interese para controis biolóxicos, xa que comen os ovos ou larvas de pragas.

Moitos membros da familia séntense atraídos pola cantaridina, que parece que acumulan e que disuade os seus posibles depredadores.

Os membros do xénero Anthelephila teñen aparencia de formigas.

Subfamilia

[editar | editar a fonte]

Inclúe as seguintes subfamilias:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]