Anthocharis euphenoides | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anthocharis euphenoides andalusica (macho) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución da especie
|
Anthocharis euphenoides é un lepidóptero ropalócero da familia Pieridae. (Staudinger, 1869).[1][2][3]
Habita a Península Ibérica incluída Andorra, outros puntos de Francia (desde Alta Garona até o Macizo Central e Provenza), en Ticino en Suíza e en varios puntos de Italia (moi local: Lacio, Abruzos). Ausente ao noroeste de Portugal. Está presente de 0 a 1800 m.[1]
A eiruga é gris azulada con pequenas manchas negras brillantes excepto unha franxa por riba dos espiráculos que é unicamente branca cara a gris azulada punteada de negro. Presenta unha liña dorsal amarela. A parte inferior da eiruga tamén é amarela. Recuberta dunha pilosidade curta e escasa.
O imago presenta variación de coloración entre ambos os sexos. O macho é amarelo limón cunha prominente mancha laranxa no ápice alar culminada por unha zona marrón. A femia, en cambio, é branca cunha mancha no ápice laranxa e marrón e unha mancha negra nas ás anteriores. Reverso das ás posteriores amarela con manchas verdes oliva nos dous sexos.
Áreas secas con flores, normalmente cálidas; marxes de campos de cultivo. A eiruga aliméntase de Biscutella, preferentemente de Biscutella laevigata e Biscutella auriculata.[1]
Voa nunha única xeración entre abril e xullo. Nalgunhas localidades a partir de marzo. Hibernación como pupa sobre plantas mortas.[1]