Anthony Mundine

Modelo:BiografíaAnthony Mundine

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Sydney, Australia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónCanterbury Boys' High School Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador, xogador de rugby league Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor en Wikidata
Deporteboxeo
Rugby league Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivasuper middleweight (en) Traducir
peso médio (pt) Traducir
light middleweight (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- St. George Illawarra Dragons
- Brisbane Broncos

Páxina webteammundine.com.au Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1233595 Facebook: teammundine Twitter: Anthony_Mundine Editar o valor en Wikidata

Anthony Mundine, nado o 21 de maio de 1975, é un boxeador profesional e antigo xogador de rugby league australiano. No boxeo, tivo dúas veces o título de campión en peso supermedio da WBA entre 2003 e 2008, así como o título de peso medio da IBO dende 2009 até 2010, e o título WBA ínterim en peso superwélter dende 2011 até 2012. Mundine é coñecido polas súas grandes rivalidades cos seus compañeiros australianos Danny Green e Daniel Geale.

Antes de comezar no boxeo, Mundine foi o xogador mellor pagado da NRL.[1] El considérase a si mesmo como o mellor atleta australiano da historia.[2] É o fillo do boxeador Tony Mundine que pertence ó pobo bundjalung da costa norte de Nova Gales do Sur.[3]

Mundine foi nomeado a persoa aborixe e insular de Torres do ano 2000. É o primeiro boxeador da historia en retransmitir todas as súas pelexas profesionais para televisión e en xerar máis pay-per-view que calquera outro boxeador australiano dende que se converteu en profesional.[4] Steve Bunce describiuno como "posiblemente o mellor atleta versátil da historia do boxeo".[5] Mundine tivo unha relación treboenta cos medios de comunicación:[6] e a súa conversión ó islam en 1999, a súa autopromoción e as súas opinións xeraron unha relación de amor-odio coa opinión pública australiana.[7] Mundine tamén foi descrito como "o atleta máis polarizante na historia deportiva de Australia".[8]

  1. "Anthony Mundine Biography". Biography.jrank.org. Consultado o 14 de novembro de 2013. 
  2. "Anthony Mundine convinced his achievements in league and boxing make him Australia's best all-round sportsman". Daily Telegraph. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  3. Chap off the old Block is pushing hard for the new, John Ellicott, The Sydney Morning Herald, 18 de maio de 2009.
  4. Corbin Middlemas (6 de xuño de 2012). "Mundine versus Green: why bother? – ABC Grandstand Sport — ABC News (Australian Broadcasting Corporation)". Abc.net.au. Consultado o 14 de agosto de 2012. 
  5. Steve Bunce (26 de novembro de 2012). "Bunce on Boxing: Freddie Flintoff has put hard yards in – but he's no Mundine – Others – More Sports". Londres: The Independent. Consultado o 14 de novembro de 2013. 
  6. Smith, Amanda (2 de novembro de 2001). "Political Football". ABC. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2006. Consultado o 2 de febreiro de 2006. 
  7. Makinde, Adeyinka. "The Politics of Anthony Mundine". East Side Boxing.com. 
  8. Jeff Fenech looking forward to Wood turning out Mundine's lights, by Nick Walshaw, The Daily Telegraph, consultado o 13 de abril de 2011.