Anticorpo anticentrómero

Padróns de marcaxe de inmunofluorescencia de anticorpos anticentrómero en células HEp-20-10.

Os anticorpos anticentrómero son autoanticorpos específicos para o centrómero e o cinetocoro. Aparecen nalgunhas doenzas autoinmunes, frecuentemente na escleroderma sistémica limitada (antes chamada síndrome CREST), e ocasionalmente na forma difusa de escleroderma. Son raros noutras doenzas reumáticas e en persoas sas.

Os anticorpos anticentrómero encóntranse en aproximadamente o 60 % dos pacientes de escleroderma sistémica limitada e no 15 % dos que teñen a forma difusa de escleroderma. A especificidade do test para estes anticorpos é de >98 %. Así, o descubrimento dun resultado positivo para anticorpos anticentrómero suxire fortemente un caso de escleroderma sistémica limitada. Os anticorpos anticentrómero están presentes nos inicios do curso da doenza e son moi preditivos da afectación cutánea limitada e unha menor probabilidade da implicación agresiva dun órgano interno, como na fibrose pulmonar.[1]

Cando están presentes nunha cirrose biliar primaria, estes anticorpos indican un prognóstico de hipertensión portal e os niveis séricos de anticorpos anticentrómero correlaciónanse coa gravidade da hipertensión portal.[2]

  1. JB Imboden, DB Hellmann, JH Stone. Current Rheumatology Diagnosis & Treatment, Second Edition. McGraw-Hill, 2007.
  2. Nakamura M; Kondo H; Mori T; et al. (2007). "Anti-gp210 and anti-centromere antibodies are different risk factors for the progression of primary biliary cirrhosis". Hepatology 45 (1): 118–27. PMID 17187436. doi:10.1002/hep.21472. 
  3. Al-Mughales JA (2022). "Anti-Nuclear Antibodies Patterns in Patients With Systemic Lupus Erythematosus and Their Correlation With Other Diagnostic Immunological Parameters.". Front Immunol 13: 850759. PMC 8964090. PMID 35359932. doi:10.3389/fimmu.2022.850759. 
    Pequenas modificacións de Mikael Häggström, MD
    - Attribution 4.0 International (CC BY 4.0) license