Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1959 (65 anos) Bissau |
Ministro dos Negócios Estrangeiros da Guiné-Bissau (pt) | |
2001 – 2001 | |
Ministro da Justiça (pt) | |
2000 – 2001 | |
Ministro dos Negócios Estrangeiros da Guiné-Bissau (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de São Paulo |
Actividade | |
Ocupación | política |
Antonieta Rosa Gomes, nada en Bissau o 4 de maio de 1959, é unha política de Guinea-Bissau.
Estudou Dereito na Universidade de São Paulo. Fundadora e líder do Fórum Cívico Guineense-Social Democracia, traballou con Kumba Ialá como Ministra de Xustiza e Ministra de asuntos Exteriores en varias épocas. Foi candidata nas eleccións presidenciais de 1994, 1999 e 2005, a primeira e única muller en presentarse no seu país até o momento, mais nunca recibiu máis do 2 % dos votos.[1] A súa dimisión como ministra de Asuntos Exteriores está considerada un factor importante nos eventos que levaron ao golpe de estado de 2003 que depuxo Ialá do poder. En 2004 foi presidenta da comisión do Supremo Tribunal de Xustiza.[2]
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |