![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1947 ![]() Mantua, Italia ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, drama e xornalismo de opinión ![]() |
Ocupación | escritor, xornalista de opinión, dramaturgo, escritor de contos ![]() |
Xénero artístico | Obra de teatro e ensaio ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() ![]() |
Antonio Moresco, nado en Mantua o 30 de outubro de 1947, é un escritor italiano.[1] A súa literatura, que intenta ir para alén da posmodernidade, foi comparada coa de Franz Kafka ou Thomas Pynchon.[2]
Foi un escritor serodio, xa que moitos editores rexeitaron as súas obras. En 1993, saíu do prelo a súa primeira novela, Clandestinità ("Clandestinidade"), mais comezou a ser recoñecido pola súa triloxía Giochi dell'eternità ("Os xogos da eternidade"): Gli esordi ("Os comezos", 1998), Canti del caos ("Cantos do caos", 2001, 2003) e Gli increati ("Os increados", 2015).[2] Tamén publicou contos e literatura infantil.
Moresco organizou numerosas marchas colectivas por Italia e o resto de Europa, que son tratadas nos seus libros.