Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1946 ![]() Durango, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 7 de maio de 2022 ![]() Durango, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1964 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Eneko Arieta ![]() |
Antón Arieta-Araunabeña Piedra coñecido como Antón Arieta ou Arieta II, nado en Durango o 6 de xaneiro de 1946 e finado o 7 de maio de 2022,[1] foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro e desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Athletic Club, co que disputou 363 partidos oficiais, marcando 82 goles.[2]
Formado na canteira do Athletic Club, subiu ao primeiro equipo na tempada 1964/65. Foi coñecido como Arieta II para diferencialo do seu irmán máis vello, Eneko Arieta, que levaba xa 13 anos xogando no Athletic.
Debutou o 13 de setembro de 1964, nunha vitoria ante o Elche en San Mamés (2-1),[3] e marcou os seus primeiros dous goles dúas xornadas despois, na vitoria por 3-2 sobre o Valencia. Quitoulle a titularidade a seu irmán e acabou a súa primeira campaña como o máximo goleador do equipo, con 13 tantos. Co paso das tempadas formou unha das dianteiras máis recoñecidas do club, xunto a Argoitia, Uriarte, Clemente e Txetxu Rojo. Xogou un total de 10 anos no primeiro equipo branco e vermello e gañou dúas Copas do Xeneralísimo, en 1969 e 1973, marcando gol nas dúas finais.[4][5]
Na tempada 1974/75 fichou polo Hércules, que se reforzou ese ano con outros xogadores como Santoro, Giuliano, Quique, Juan Carlos ou Barrios. Na súa primeira tempada, ás ordes de Arsenio Iglesias, o conxunto alacantino logrou a mellor clasificación da súa historia en Primeira División, un quinto posto, contribuíndo Arieta con 6 goles. Despois dunha segunda tempada en Alacante, rematando no sexto posto, puxo fin á súa carreira futbolística.
Foi internacional absoluto coa selección española en 7 partidos, conseguindo tres goles. Debutou o 11 de febreiro de 1970, nun amigable Alemaña Federal no Ramón Sánchez Pizjuán, marcando os dous goles do seu equipo naquel partido (2-0). O 12 de xaneiro de 1973 xogou o seu último partido coa selección nacional, contra Hungría, marcando o único gol do partido.