António Leal Moreira

Modelo:BiografíaAntónio Leal Moreira
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1758 Editar o valor en Wikidata
Abrantes, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte26 de novembro de 1819 (61 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, organista, director de orquestra, mestre Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera, liturgical music (en) Traducir e sinfonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1776618 Musicbrainz: 2f1d3cb4-b97a-4d90-bc32-4573eca6f4c4 Discogs: 2215494 IMSLP: Category:Moreira,_António_Leal Editar o valor en Wikidata

António Leal Moreira, nado en Abrantes o 30 de xuño de 1758 e finado en Lisboa o 26 de novembro de 1819, foi un compositor portugués.

O 30 de xuño de 1766, António Leal entrou no Seminario da Patriarcal de Lisboa, onde foi alumno de João de Sousa Carvalho. En 1775 converteuse no asistente do seu profesor e organista e en 1787 convértese en mestre de capela. O 19 de maio de 1777 realizou o seu primeiro traballo sacro, a "Missa do Espírito Santo", que foi cantada durante a aclamación da raíña María I de Portugal. O 8 de agosto do mesmo ano foi admitido como membro da unión de músicos de Lisboa, a Irmandade de Santa Cecília. A maior parte da súa música sacra foi composta para a Capela Real, e dende 1782 comezou a escribir serenatas, que se representaban nos pazos de Queluz e Ajuda.

En 1790 converteuse no director musical do Teatro da Rúa dos Condes, onde estaban a representar óperas italianas. Tres anos despois, no pazo do financiador Anselmo José da Cruz Sobral, en Lisboa, estreou o drama Il natale augusto. Entre os cantantes que participaron cómpre destacar a mezzosoprano portuguesa Luísa Todi.

En 1793, Moreira converteuse no primeiro director musical do novo Teatro de São Carlos, onde foi representada a súa obra con texto en portugués, A vingança da cigana (1794). En 1799 deixoulle a dirección do São Carlos a Marcos Portugal e a Francesco Federici. Ao ano seguinte, contribuíu coa produción "pastiche" "Il disertore francese", que chegou ser representada no Teatro Carignano de Turín e no Teatro alla Scala de Milán.

Consideracións sobre o artista

[editar | editar a fonte]

A súa obra operística e sacra está fortemente influenciada polo estilo de Giovanni Paisiello e Domenico Cimarosa. Logo de António Teixeira foi o primeiro en compoñer ópera empregando o texto en portugués, mais a maior parte das súas obras están en italiano.

Composicións

[editar | editar a fonte]
  • Bireno ed Olimpia (serenata, libreto de Gaetano Martinelli, 1782, Lisboa)
  • Siface e Sofonisba (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1783, Lisboa)
  • L'imenei de Delfo (drama lírico alegórico, libreto de Gaetano Martinelli, 1785, Lisboa)
  • Ascanio in Alba (drama para música cantada, libreto de Claudio Nicola Stampa, 1785, Lisboa)
  • Artemisia, regina de Caria (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1787, Lisboa)
  • Gli eroi spartani (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1787, Lisboa)
  • Gli affetti del genio lusitano (drama para música cantada, libreto de Gaetano Martinelli, 1789, Lisboa)
  • Il puro omaggio (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1791, Lisboa)
  • Il natale augusto (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1793, Lisboa)
  • A saloia enamorada, ou O remédio é casar (farsa, libreto de D. Caldas Barbosa, 1793, Lisboa)
  • A vingança da cigana (drama joco-sério, libreto de D. Caldas Barbosa, 1793, Lisboa)
  • L’eroina lusitana (drama para música, libreto de Gaetano Martinelli, 1795, Lisboa)
  • Musiche ne Il disertore francese (ópera buffa, 1800, Turim)
  • Arie ne Il serraglio d'Osmano de Giuseppe Gazzaniga

Outros traballos

[editar | editar a fonte]