Análise multivariante

A análise multivariante é un método estatístico utilizado para determinar a contribución de varios factores nun simple evento ou resultado.

  • Os factores de estudo son os chamados factores de risco (bioestatística) , variables independentes ou variables explicativas.
  • O resultado estudado é o evento, a variable dependente ou a variable resposta.

A análise multivariante, mediante técnicas de proxección sobre variables latentes ten moitas vantaxes sobre os métodos de regresión tradicionais:

  • pódese utilizar a información de múltiples variables de entrada, aínda que estas non sexan linealmente independentes
  • pode traballar con matrices que conteñan máis variables que observacións
  • pode traballar con matrices incompletas, sempre que os valores faltantes estean aleatoriamente distribuídos e non superen un 10%
  • xa que se basean na extracción secuencial dos factores, que extraen a maior variabilidade posible da matriz das X (variables explicativas, ollo non teñen que ser independentes) poden separar a información do ruçodo. Asúmese que as X mídense con ruído.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Estatística multivariante