Apache OpenOffice Writer (ata decembro de 2011 OpenOffice.org Writer) é un procesador de texto que forma parte do conxunto de aplicacións libres de oficina Apache OpenOffice que se pode descargar desde Internet. Soporta o formato propietario .doc de Microsoft Word case na súa totalidade, ademais doutros formatos clásicos de documentos. O seu formato nativo de ficheiro está en formato en XML. Pode exportar a ficheiros PDF nativamente sen usar programas intermedios. É multiplataforma como a suite ofimática Apache OpenOffice, da que fai parte. A versión actual é a 4.1.1.
Writer é tamén un potente editor HTML tan fácil de usar como un documento de texto. Só con entrar no menú Ver e seleccionar "Deseño para Internet" cambia o formato do cadro de texto, semellándose a unha páxina web, que se pode editar da mesma maneira que se fora un procesador de textos. Con el tamén se poden facer etiquetas, así como tarxetas de presentación facilmente, sen ter que modificar o formato dun documento de texto para isto. Tamén ten unha galería de imaxes, texturas e botóns.
Totalmente configurable, pódese modificar calquera opción de páxina, botóns, barras de ferramentas e outras opcións de lingua, autocorrección, ortografía etc. Existe un corrector gramatical de galego chamado Golfiño.
Ademais pode protexer documentos con contrasinais, gardar versións do mesmo documento, inserir imaxes, obxectos OLE, admite sinaturas dixitais, símbolos, fórmulas, táboas de cálculo, gráficos, hiperenlaces, marcadores, formularios etc.
Pódense gardar en 21 formatos de arquivos de texto:
Catro tipos de documentos mestros:
Ademais pode exportar a: