Aparajito | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | অপরাজিত |
Director | Satyajit Ray |
Produtor | Epic Films (Satyajit Ray) |
Guión | Satyajit Ray |
Baseado en | Pather Panchali e Aparajito de Bibhutibhushan Bandopadhyay |
Intérpretes | Kanu Banerjee Karuna Banerjee Pinaki Sen Gupta Smaran Ghosal Ramani Sen Gupta Charaprakash Ghosh Subodh Ganguly |
Música | Ravi Shankar |
Fotografía | Subrata Mitra |
Montaxe | Dulal Dutta |
Distribuidora | Merchant Ivory Productions / Sony Pictures Classics (USA) |
Estrea | 11 de outubro de 1956 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | India |
Xénero | Drama |
Filme anterior | Pather Panchali |
Filme seguinte | Apur Sansar |
Na rede | |
Aparajito (en bengalí: অপরাজিত; Ôporajito) é un filme indio de 1956 escrito e dirixido por Satyajit Ray. É a segunda parte da triloxía Apu. É unha adaptación de partes das novelas de Bibhutibhushan Bandopadhyay Pather Panchali (1929) e Aparajito (1932).[1] Comeza xusto despois do remate do filme anterior, Pather Panchali (1955), coa familia de Apu mudándose a Benarés, e conta a vida de Apu dende a súa nenez até a adolescencia no instituto, xusto até a morte da súa nai.
En 1920, Apu e os seus pais, que deixaron a súa casa na zona rural de Bengala, instaláronse nun apartamento en Varanasi onde o seu pai Harihar traballa como sacerdote. Harihar avanza nas súas novas actividades: rezar, cantar e oficiar entre os ghats do sagrado río Ganxes. Harihar colle febre e axiña morre e a súa muller Sarbajaya vese obrigada a comezar a traballar como criada. Coa axuda dun tío avó, Apu e a súa nai regresan a Bengala e instálanse na aldea de Mansapota. Alí Apu é aprendiz de sacerdote, mais bota en falta asistir á escola local. Destaca nos seus estudos, impresionando un dignatario visitante, e o director interésase especialmente por el.