Apocarotenal | |
---|---|
8′-Apo-β-caroten-8′-al | |
(2E,4E,6E,8E,10E,12E,14E,16E)-2,6,11,15-Tetramethyl-17-(2,6,6-trimetilciclohex-1-en-1-il)heptadeca-2,4,6,8,10,12,14,16-octaenal | |
Outros nomes trans-beta-apo-8'-carotenal | |
Identificadores | |
Número CAS | 1107-26-2 |
PubChem | 5478003 |
ChemSpider | 4585625 |
UNII | V22N3E2U32 |
ChEBI | CHEBI:53154 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C30H40O |
Masa molar | 416,64 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O apocarotenal ou trans-β-apo-8'-carotenal, é un carotenoide atopado nas espinacas e froitos cítricos. Como outros carotenoides, o apocarotenal exerce un papel de precursor da vitamina A, aínda que só ten un 50% da actividade de provitamina A do β-caroteno. A súa fórmula empírica é C30H40O.
O apocarotenal ten unha cor laranxa ou laranxa avermellada e utilízase en alimentos, produtos farmacéuticos e cosméticos. Dependendo da forma do produto, o apocarotenal utilízase en alimentos baseados en graxas (margarina, salsas, aderezos de ensaladas), bebidas, produtos lácteos e doces. O seu número E é E160e e está aprobado o seu uso como aditivo alimentario nos EUA,[1] na Unión Europea,[2] Australia e Nova Zelandia.[3]
Os estudos epidemiolóxicos mostraron que as persoas cun consumo elevado de β-caroteno e altos niveis plasmáticos de β-caroteno teñen un risco de padecer cancro de pulmón significativamente reducido[Cómpre referencia]. Porén, os estudos de suplementación con altas doses de β-caroteno en fumadores mostraron un incremento do risco de cancro, posiblemente porque o excesivo β-caroteno ten como resultado a formación de produtos de degradación que reducen os niveis plasmáticos de vitamina A e empeoran a proliferación celular pulmonar inducida polo hábito de fumar.[4] O principal produto de degradación do β-caroteno sospeitoso deste comportamento é o trans-beta-apo-8'-carotenal (o apocarotenal común),[5] o cal se viu nun estudo que era mutaxénico e xenotóxico en cultivos celulares que non responden ao propio β-caroteno.[6]