Aponeurose bicipital | |
---|---|
Aponeurose bicipital | |
Latín | aponeurosis musculi bicipitis brachii |
Gray's | pág.444 |
A aponeurose bicipital é unha aponeurose do membro superior que envolve o músculo bíceps braquial ao seu paso pola fosa do cóbado, onde separa os elementos superficiais dos fondos. Esta aponeurose insírese na inserción distal do bíceps, na tuberosidade radial, e na propia fosa cubital. Neste punto, ademais de cubrir ao seu músculo correspondente, axuda a protexer o nervio mediano e a arteria umeral. Durante a extracción de sangue da vea mediana cubital, a aponeurose evita danos nesas estruturas.
O 3% da poboación xeral posúe unha arteria cubital moi superficial, que discorre por enriba desta aponeurose, podendo causarlle danos a esta arteria na extracción sanguínea.