A aporofobia (do grego άπορος (á-poros), sen recursos, indixente, pobre; e φόβος, (-fobos), medo) é unha fobia que representa o medo á pobreza ou aos pobres.[1] Aínda que tamén pode interpretarse como a repugnancia ou hostilidade ante o pobre, o sen recursos ou o desamparado.[2]
O neoloxismo foi acuñado pola filósofa Adela Cortina[3] nunha serie de publicacións nos anos 90 para poder diferenciar esta actitude da xenofobia, que só se refire ao rexeitamento ao estranxeiro, e do racismo, que é a discriminación por grupos étnicos.[4]
A diferenza clave entre aporofobia e xenofobia ou racismo segundo algúns autores, está no feito de que hai sociedades que non lles importa aceptar a inmigrantes ou a membros doutras etnias a condición de que estas conten con bos recursos económicos, fama ou outros bens.[4]
Con todo, a aporofobia e xenofobia están relacionadas no feito de que moitas veces, a inmigración prodúcese desde países pouco desenvolvidos economicamente cara a países desenvolvidos, onde ademais das diferenzas culturais, os inmigrantes pobres son vistos como un problema de seguridade e asóciaselles comunmente con actos criminais e outros problemas.[5]