Applications Technology Satellite 2 | |
---|---|
![]() ATS-2 | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 6 de abril de 1967[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[2][6] |
Obxectivo da misión | Demostración de novas tecnoloxías no espazo.[2] |
Decaemento | 2 de setembro de 1969[1] |
NSSDC ID | 1967-031A |
Masa | 324,3 kg[2][5] |
Applications Technology Satellite 2 ou ATS 2 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 6 de abril de 1967 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.
ATS-2 probou diferentes tecnoloxías:[2]
O satélite tiña forma de cilindro de 1,42 metros de diámetro e 1,83 metros de altura. A enerxía eléctrica proporcionábaan dous paneis solares que alimentaban un par de baterías recargables de níquel-cadmio. O satélite dispoñía de catro pértegas extensibles que podían alongarse ata os 28,2 metros de lonxitude para proporcionar estabilización por gradente gravitatorio.[2]
O sistema de telemetría consistía en catro transmisores de 2,1 vatios de potencia, dous transmitindo en 136,47 MHz e os outros dous en 137,35 MHz, ademais dun experimento de comunicación por microondas.[2]
Durante o lanzamento a segunda etapa do foguete fallou, deixando o satélite nunha órbita elíptica que acabou por facer que o satélite reentrara na atmosfera o 2 de setembro de 1969. Con todo, obtivéronse datos útiles dalgúns dos instrumentos, máis notablemente do experimento de raios cósmicos e partículas.[2]