Arachnocampa luminosa

Arachnocampa luminosa

Arachnocampa luminosa nunha cova de Nova Zelandia.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Diptera
Familia: Keroplatidae
Xénero: ''Arachnocampa''
Especie: A. luminosa
Nome binomial
'Arachnocampa luminosa'
(Skuse, 1890)
Sinonimia
  • Bolitophila luminosa[1]

Arachnocampa luminosa é unha especie de insecto cínfano endémico de Nova Zelandia. Tanto a fase de larva como a de imago son luminescentes. A especie é coñecida por habitar en covas, espenucas, cafurnas e lugares húmidos protexidos nas fragas. O seu nome maorí é titiwai, que quere dicir "proxectado sobre a auga".

A especie foi descrita por vez primeira en 1871 cando foi descuberta nunha mina de ouro na rexión de Thames. Ó principio pensouse que podería estar relacionada co Lampyris noctiluca europeo, pero en 1886, un profesor de Christchurch demostrou que era un cínfano, non un escaravello. Foi chamada Bolitiphila luminosa en 1891, antes de cambiar o nome por Arachnocampa luminosa en 1924.

  1. Gatenby, J. Bronte (maio de 1960). "The New Zealand Glow-Worm". Tuatara : Journal of the Biological Society 8 (2): 86–92. Consultado o 27 de xullo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • The New Zealand Glowworm by V.B. Meyer-Rochow, 1990, Published by Waitomo Caves Museum Society. 60 pages (ISBN 0-908683-09-X)
  • The Glow-Worm, Ormiston Walker and Judy Kerdel, MacMillan New Zealand, 1990, ISBN 0-7329-0121-9.
  • Glowworm article, Encyclopædia Britannica, 15th edition
  • Broadley, R. A. (2012) Notes on pupal behaviour, eclosion, mate attraction, copulation and predation of the New Zealand glowworm Arachnocampa luminosa (Skuse) (Diptera: Keroplatidae), at Waitomo. New Zealand Entomologist 35(1): 1-9.
  • Broadley, R. A. and Stringer, I.A.N. (2009) Larval behaviour of the New Zealand glowworm, Arachnocampa luminosa (Diptera: Keroplatidae), in bush and caves. In: V.B. Meyer-Rochow (Ed.), Bioluminescence in Focus - A Collection of Illuminating Essays (pp. 325–355). Research Signpost. Kerala.
  • Broadley, R.A. and Stringer, I.A.N. (2001) Prey attraction by larvae of the New Zealand glowworm, Arachnocampa luminosa (Diptera: Mycetophilidae). Invertebrate Biology 120 (2): 170-177.