Nome orixinal | (ja) 荒木村重 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1535 Ikeda |
Morte | 20 de xuño de 1586 (50/51 anos) Sakai (en) |
Daimiô (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Actividade | |
Ocupación | Samurai |
Outro | |
Título | Daimiô (pt) |
Familia | Q97377352 |
Cónxuxe | Q17229086 Q109916351 |
Fillos | Q10505317 () Iwasa Matabei (pt) () Q111191209 () |
Pai | Q111191164 e Q111191156 |
Araki Murashige (荒木 村 重), nado en 1535 e finado o 20 de xuño de 1586 foi un samurai do período Sengoku.
Murashige era vasalo de Oda Nobunaga e daimiô do castelo de Itami. Comandaba unha parte das forzas de Nobunaga durante o sitio de Ishiyama Hongan-ji mais en 1578 Akechi Mitsuhide acusouno de simpatías co clan Mōri, inimigo de Nobunaga. Refuxiado no castelo de Itami resistiu durante un ano o sitio que estableceron as forzas de Nobunaga e tras caer o castelo fuxiu.
Existe a lenda que tras ser acusado de traizón o seu señor Nobunaga mandouno chamar; presentouse onde el estaba e como era costume fixo a reverencia cerimonial na entrada pero intuíu o plan de Nobunaga de romperlle o pescozo nese momento, pechando os gardas a fusuma (paneis), e colocou o tessen (abano de ferro) na fenda para impedir o peche. Araki actuou como se nada acontecera e Nobunaga perdonoulle a vida reconciliándose con el[1].