Araujia sericifera | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
''Araujia sericifera'' Brot. |
Araujia sericifera Brot. é unha especie fanerógama pertencente á familia das apocináceas. Utilízase como planta ornamental.
Esta planta é nativa de América do Sur. É considerada unha mala herba nociva en moitos ámbitos fóra da súa zona de distribución natural. Na Arxentina é autóctona nas provincias de Buenos Aires, Santa Fe, Entre Ríos, Corrientes e Misiones, onde o seu cultivo non só é apropiado, senón recomendado por atraer á bolboreta monarca (Danaus erippus).[1] Ten un rápido crecemento de rubideira que pode cubrir un dosel de árbores en dous ou tres anos, competindo con algunhas árbores pola luz, a auga e os nutrientes. É un compoñente habitual de talares bonaerenses, e a súa floración bela e abundante fana un exemplar digno de ser cultivado.
Especie nativa de América do Sur, foi introducida en Europa e en moitas outras rexións como planta ornamental e actualmente é considerada daniña. A súa distribución actual esténdese máis aló da súa área orixinaria natural abarcando o sur de Europa, Suráfrica, América do Norte (California, Xeorxia), Australia e Nova Zelandia.[2]
Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[3]
Araujia sericifera foi descrita por Félix de Avelar Brotero e publicada en Transactions of the Linnean Society of London 12: 62–70, pl. 4–5. 1818.[4]
Araujia: nome xenérico que foi outorgado en honra do botánico portugués António Araújo de Azevedo, 1º Conde de Barca (1754-1817).
sericifera: epíteto latino que significa que "leva seda" e refírese aos seus pelos sedosos que rodean as sementes.