Arca imbricata | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
''Arca imbricata'' Bruguière, 1789 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Arca americana d'Orbigny, 1846; Arca martensii Dunker, 1868; Arca triundulata Bory de Saint-Vincent, 1827; Arca umbonata Lamarck, 1819; Tetrarca imbricata (Bruguière, 1789) |
A Arca imbricata é un molusco bivalvo da familia Arcidae.[1] Esta especie de bivalvo é mariña.
A especie Arca imbricata ten unha cuncha relativamente rectangular. Costelas radiais con marxinais dando unha escultura ben definida dende as cunchas de menor tamaño, pero de maneira máis irregular nas cunchas de maior tamaño. A bisagra é plana e de cor marrón escuro, con numerosos dentes diminutos distribuídos ao longo. A parte interna da cuncha é branca ou marrón clara. Na parte posterior da cuncha obsérvase o perióstraco de forma máis abundante. Esta especie de bivalvo alcanza os 48 mm de lonxitude.[2]
A. imbricata distribúese desde Carolina do Norte até Texas, nas Antillas, Brasil e Bermuda.[3]
A. imbricata é un bivalvo bastante abundante. Habita en zonas superficiais de áreas de arrecifes.[4] Habita entre os 7 e os 52 metros de profundidade.[2]
É común atopar valvas desta especie nos mercados de artesanía.[4]
Non se atopa en ningunha categoría de protección, nin na Lista Vermella da IUCN (International Union for Conservation of Nature) nin en CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres).