Archispirostreptus gigas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Archispirostreptus gigas (Peters, 1855) | |||||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||||
|
Archispirostreptus gigas é un milpés xigante africano, que se cre é a especie máis longa de diplópodos existente, que crece ata os 38,5 cm de lonxitude e 67 mm de circunferencia. Ten aproximadamente 256 patas, aínda que o seu número de patas cambia con cada muda, polo que pode variar dun individuo a outro.[2][3]
É unha especie moi estendida nas terras baixas de África oriental, desde Mozambique a Kenya, pero raramente chega a altitudes de 1.000 m.[4] Vive principalmente en bosques, pero pode tamén encontrarse en áreas de hábiats costeiros que teñan algunhas árbores.[4]
A. gigas é de cor negra, e a miúdo tense como mascota. En xeral, os milpés xigantes teñen unha esperanza de vida de 5 a 7 anos.[5] Os milpés xigantes teñen principalmente dous modos de defensa para cando se senten ameazados: enroscarse formando unha apertada espiral deixando exposto só o seu exoesqueleto, e a secreción dun líquido irritante por poros do seu corpo. Este líquido pode ser nocivo se se introduce nos ollos ou na boca.[5]
A miúdo obsérvanse pequenos ácaros trepando polo seu exoesqueleto e entre as súas patas, cos cales os milpés teñen unha relación mutualista.[6]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Archispirostreptus gigas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Archispirostreptus gigas |