Arco longo inglés

Reconstrución dun arco longo inglés.

O arco longo inglés (en inglés: English longbow) era un poderoso tipo de arco longo (de gran tamaño, para o tiro con arco) con preto de 2 metros de altura, usado polos ingleses e galeses durante a Idade Media, tanto para a caza como para a guerra. Os arcos longos foron particularmente eficaces contra os franceses na batalla de Agincourt durante a guerra dos Cen Anos.

Non sobrevive ningún arco longo inglés do período no que o arco longo era dominante (c. 1250–1450),[1] probablemente porque os arcos se debilitaron, romperon e foron substituídos no canto de ser transmitidos de xeración en xeración.[2] Porén, máis de 130 arcos sobreviven do período Renacemento. Máis de 3.500 frechas e 137 arcos longos enteiros foron recuperados do Mary Rose, un barco da armada de Henrique VIII que afundiu en Portsmouth en 1545.

Descrición

[editar | editar a fonte]

As descricións da súa lonxitude abarcan dende os 1,2 a 2,11 m e estaban feitos de teixo normalmente, aínda que o fresno e outras madeiras tamén foran utilizados. As estimacións para a tensión que podían soportar estes arcos varían considerablemente. As estimacións feitas con exemplares do Mary Rose lograban unha tensión de 72 a 82 kg (706 a 804 N). Nun arco longo moderno é de 27 kg ou menos, ademais de que hoxe en día non hai arqueiros de tiro longo capaces de usar con precisión arcos cunha tensión de 82 kg.

Un arco longo debe ser o suficientemente longo como para que o seu usuario poida tirar a corda ata un punto da cara ou do corpo, polo que a lonxitude varía segundo o usuario. Na Europa continental, un arco longo era calquera arco máis longo que 1,2 m. A Sociedade de Anticuarios de Londres di que ten unha lonxitude de 5 a 6 pés (1,5 a 1,8 metros) de lonxitude.[3] Richard Bartelot, da Royal Artillery Institution, dixo que o arco era de teixo, de 6 pés (1,8 m) de longo, cunha frecha de 3 pés (910 mm).[4] Gastón III, Conde de Foix, escribiu en 1388 que un arco longo debería ser "de teixo ou buxo, de setenta polgadas (1,8 m) entre os puntos de suxeición da corda".[5] O historiador Jim Bradbury dixo que tiñan unha media duns 5 pés e 8 polgadas.[6] Todas menos a última estimación foron feitas antes da escavación do Mary Rose, onde se atoparon arcos que varían de lonxitude dende 6 pés 2 polgadas a 6 pés 11 polgadas (1,87 a 2,11 m) cunha lonxitude media de 6 pés 6 polgadas (1,98 m).[7]

O alcance desta arma medieval é descoñecido, con estimacións dende os 165 a 228 m. Os arcos longos modernos teñen un alcance efectivo de ata 180 m. Unha réplica dun arco longo do Mary Rose podía disparar unha frecha de 53,6 g a 328 m e unha de 95,9 g a unha distancia de 249,9 m.

  1. Kaiser 1980.
  2. Levick 1992
  3. Kaiser 1980 footnote 5, citing "The Berkhamsted Bow", Antiquaries Journal 11 (Londres), p. 423
  4. Kaiser 1980 footnote 6, citing Major Richard G. Bartelot, Assistant Historical Secretary, Royal Artillery Institution, Old Military Academy, Woolwich, England. Letter, 16 de febreiro de 1976
  5. Longman & Walrond 1967, p. 132.
  6. Bradbury 1985, p. 75
  7. Staff 2007, p. 6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]