Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Biscaia | |||
Concello | Getxo | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 6 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 48930 | |||
Areeta (en castelán e cooficialmente: Las Arenas) é un barrio da cidade de Getxo, en Biscaia. É o segundo núcleo de poboación do concello cunha poboación de 26.807 habitantes en 2013.
Trátase dun barrio de densidade de poboación media no que se combina unha nutrida zona comercial ao redor da Calle Mayor con zonas residenciais. Está conectado a Portugalete por medio da Ponte Colgante e ao barrio de Algorta por medio da Avenida Zugazarte. Ten tamén un porto de recreo e unha praia (o que queda dos antigos areais da zona que dan nome ao barrio).
Pode dividirse en tres: Areeta centro, vertebrado arredor da Calle Mayor; Santa Ana, barrio tranquilo situado xunto a Leioa; e Zugazarte, área articulada arredor da Avenida Zugazarte xunto ao barrio de Neguri.